A alcaldesa de Lousame e a conselleira de Medio Ambiente analizaron a implantación dun punto limpo móbil no Concello

A alcaldesa de Lousame e a conselleira de Medio Ambiente analizaron a implantación dun punto limpo móbil no Concello
A alcaldesa de Lousame e a conselleira de Medio Ambiente analizaron a implantación dun punto limpo móbil no Concello

A conselleira tamén se comprometeu a estudar con atención todos os proxectos que ten en marcha o Concello para a zona de San Lourenzo

Onte reuníronse a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde, para analizar a posibilidade de implantar un punto limpo móbil neste concello coruñés no marco da nova orde de axudas que convocará o próximo ano a Xunta para financiar este tipo de instalacións.

Esta será a primeira vez que a Consellería de Medio Ambiente poña a disposición dos concellos unha liña de subvencións co fin de favorecer a instalación de puntos limpos móbiles, unha modalidade xa presente nalgunhas cidades galegas.

Ante o interese amosado pola alcaldesa, Ángeles Vázquez emprazouna a solicitar o próximo ano estas axudas e contribuír, deste xeito, a favorecer a adecuada recollida, clasificación e preparación para a súa reutilización de parte dos residuos que se xeran no seu termo municipal.

A conselleira tamén se comprometeu a estudar con atención todos os proxectos que ten en marcha o Concello de Lousame para a zona de San Lourenzo e a analizar se existe algunha posible vía de colaboración a través da cal a Consellería de Medio Ambiente podería participar nos mesmos.

Comentarios
Lo más