Ferida unha persoa despois de producirse unha colisión entre catro turismos

Ferida unha persoa despois de producirse unha colisión entre catro turismos
Foto de arquivo
Ferida unha persoa despois de producirse unha colisión entre catro turismos

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 19:00 horas da tarde pasada

Unha persoa resultou ferida de carácter leve despois de producirse unha colisión por alcance entre catro turismos que circulaban pola N-640, en Vilagarcía de Arousa.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 19:00 horas da tarde pasada. Foi a esa hora cando un particular solicitaba a presenza dos axentes de Tráfico para un accidente en cadea, na rotonda que vai ao Porto.

Así, con estes datos, dende o 112 Galicia informouse da situación ao 061-Urxencias Sanitarias, axentes de Tráfico, Policía Local e, ademais, solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil.

Ao fío das 21:30 horas, membros de Protección Civil indicaron ao persoal do 112 que estrada quedara limpa e o tráfico totalmente restablecido.

Comentarios