O tango será protagonista no Pazo da Peregrina

O tango será protagonista no Pazo da Peregrina

A entrada será libre e gratuíta

Daniel Rilo, condutor do programa Tangos de la Esquina Sur, incluído na convocatoria de Radio Cidadá de Ames Radio, organiza o espectáculo Apalabrando tangos, hoxe sábado, 1 de decembro, na sala de exposicións do Pazo da Peregrina. 

O evento, que contará con música en directo, consistirá nun percorrido contextualizado polos diversos tangos que se ensinarán a executar durante a tarde. A entrada será libre e gratuíta.

Tanto os amantes do tango como os interesados nos bailes de salón teñen unha cita este sábado, 1 de decembro, na sala de exposicións do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde se realizará o espectáculo Apalabrando Tangos. 

O acto, conducido por Daniel Rilo, non só se limitará a explicar como debe executarse este baile, tamén se fará un percorrido polas diversas pezas e a explicación do contexto histórico, o autor ou datos de cada unha das cancións.

O evento comezará ás 20:00 horas e contará con música en directo, interpretada por Alejandro Szabo, encargado do bandoneón, Alejandro Casquero ao piano e Emilce Szabo, que conta cunha voz similar á das primeiras intérpretes do tango. Asemade, contarase coa actuación de Nadia Rilo, que representará unha peza de Astor Piazzolla cun baile fusión de tango e danza do ventre.


Comentarios