Morre unha persoa en Bertamiráns por unha parada cardiorespiratoria
11:50 01/12/18
11:50 01/12/18
O suceso produciuse nunha cafetería de Bertamiráns onte pola noite
Onte pola noite un veciño de Bertamiráns morreu nun establecemento hostaleiro por unha parada cardiorespiratoria.
Efectivos da Policía Local, Protección Civil e os servizos sanitarios foron ata o lugar do suceso para atender a persoa pero desgraciadamente non se puido facer nada pola súa vida.
A víctima faleceu no lugar pese aos coidados para poder estabilizalo.