Cae por un terraplén co seu vehículo en Moaña

Cae por un terraplén co seu vehículo en Moaña

Ocorreu ás 19:30 horas de onte

Os bombeiros rescataron na noite de onte a un condutor que caeu co seu turismo por un desnivel de varios metros cando circulaba pola estrada de Moaña a Marín.

Ocorreu ás 19:30 horas de onte, cando un particular contactou co 112 Galicia para informar da saída de vía dun vehículo que acabou no fondo dun terraplén duns 50 metros de profundidade, afirmou.

De contado, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros do Morrazo para o rescate do condutor, ao que sacaron do desnivel en padiola ata que foi atendido polo equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias.

Neste operativo tamén colaboraron as forzas da orde locais e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios