Manuel Mirás, alcalde de Oroso, lamenta a actitude do voceiro do Partido Popular "sobre o coñecemento da administración"

Manuel Mirás, alcalde de Oroso, lamenta a actitude do voceiro do Partido Popular "sobre o coñecemento da administración"
Manuel Mirás, alcalde de Oroso, lamenta a actitude do voceiro do Partido Popular "sobre o coñecemento da administración"

O rexedor de Oroso asegura que “a día de hoxe, gran parte das obras xa están executadas e outras están en proceso de licitación, por iso na conta xeral aínda figuran como non executadas"

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegura que todos os investimentos anunciados para o concello están “executados ou en proceso de licitación”.

Mirás contesta desta maneira ás declaracións do voceiro do PP en Oroso, Alexander Doval, nas que falaba dun suposto incumprimento nos investimentos anunciados. “Se houbo un pequeño retraso dos investimentos foi debido á entrada en vigor da nova Lei de Contratos e Administración Electrónica, non foi un problema do noso concello, pero é evidente que o representante do Partido Popular descoñece o funcionamento da Administración”, sostén o alcalde.

O rexedor de Oroso asegura que “a día de hoxe, gran parte das obras xa están executadas e outras están en proceso de licitación, por iso na conta xeral aínda figuran como non executadas; eu informei persoalmente aos veciños e veciñas de Oroso das causas do retraso das obras”.

“O voceiro do Partido Popular intenta confundir á veciñanza co argumento da autonomía financeira do concello, pero non se atreve a dicir que para iso teríamos que subir os impostos”, explica Mirás, “pero eu prometín na campaña electoral de 2015 que non subiría taxas e impostos e así foi, aínda que por exemplo a Xunta subiu un 30% o custo por tonelada da recollida do lixo, pero non o repercutimos nos veciños”.

Ademáis, o alcalde lamenta que “Doval minta cando fala de parálise do concello, pois estanse facendo cantidade de cousas tal e como pode comprobar a cidadania, e o incremento do gasto corrente ao que fai mención foi para dar cobertura ás familias e entidades deportivas e culturais, por exemplo á mellora en servizos sociais e ás melloras que se puxeron en marcha como atención domiciliaria, actividades de maiores, actividades en todas as parroquias, aumento do subministro eléctrico e recollida do lixo”.

“O señor Doval por fin empeza a traballar agora que entramos en precampaña, pois ata o de agora non fixo nin unha soa proposta digna de mención para os veciños de Oroso, o único que fai é entorpecer a xestión do día a dia no concello”, remata Mirás.

Comentarios