Unha persoa queda atrapada no se vehículo despois dun accidente en Arzúa

Unha persoa queda atrapada no se vehículo despois dun accidente en Arzúa

A persoa foi atendida polos profesionais sanitarios xunto con outras dúas persoas que tamén resultaron feridas a causa do accidente

Os bombeiros liberaron esta tarde a unha persoa que quedou atrapada no interior dun turismo despois de producirse unha colisión múltiple en Arzúa.

Foron varios os particulares que informaron do sinistro a través das súas chamadas ao 112 Galicia cando estaban a piques de dar as sete desta tarde. Indicaron que o accidente tivo lugar na N-547, ao paso polo parroquia arzuana de Rendal e, como consecuencia do impacto, unha das persoas implicadas atrapou un pé no pedal do vehículo, o que obrigou a intervir aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Arzúa.

Unha vez liberada, a persoa foi atendida polos profesionais sanitarios xunto con outras dúas persoas que tamén resultaron feridas a causa do accidente.

Ademais dos bombeiros, neste operativo participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e foi avisada a Policía Local. Igualmente, acudiu ao lugar un equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento coa finalidade de retirar os danos e restablecer as condicións de seguridade na vía.

Comentarios
Lo más