Un conductor queda atrapado no seu vehículo despois de ter un accidente en Muros

Un conductor queda atrapado no seu vehículo despois de ter un accidente en Muros
Foto de arquivo
Un conductor queda atrapado no seu vehículo despois de ter un accidente en Muros

O turismo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, á altura da Virxe do Camiño

En Muros tiveron que intervir onte os membros do GES da localidade co fin de liberar a unha persoa atrapada por un pé no interior dun coche. 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o turismo saíuse da vía cando circulaba pola AC-550, á altura da Virxe do Camiño.

Como consecuencia do impacto, o condutor quedou atrapado e necesitou da axuda dun equipo de excarceración para poder saír do coche e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.

Neste operativo colaboraron igualmente os Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más