O Comité de folga rexeita a proposta da Xerencia para pechar unha parte do servizo de Urxencias

Foto: @galizaCIG
O Comité de folga rexeita a proposta da Xerencia para pechar unha parte do servizo de Urxencias

Os traballadores reclaman que todos os ocos do servizo de urxencias deben estar abertos e dotados de persoal

Onte o Comité de folga reuníuse, ás 10:30 horas, coa Xerencia, na cal ratifica a súa proposta de persoal de dous médicos, cinco enfermeiros e cinco auxiliares de enfermaría, e como novidade, propón o peche dunha parte do servizo en concreto de dez ocos de sillóns que se abrirían cando fose necesario con persoal alleo ao servizo.

Ás 12:00 horas tivo lugar a concentración diante do servizo de urxencias que rematou na entrada principal do Hospital Clínico.

As 13:00 horas a Comité tivo a asemblea cos traballadores na cal lle transmitriu a proposta de xerencia, e dita proposta foi rexeitada. Os traballadores reclaman que todos os ocos do servizo de urxencias deben estar abertos e dotados de persoal.

Na asemblea acordouse facer un peche de 24 horas o día 19 de decembro no Hospital Clínico e unha manifestación por Santiago o día 9 de xaneiro.

Asemade este mércores haberá concentración diante do Sergas ás 12:00 horas.

Comentarios