Xoán Bascuas propón unha mellora nas ordenanzas dos vaos

Xoán Bascuas propón unha mellora nas ordenanzas dos vaos

Desde Compromiso sinalan que na actualidade son os propietarios os que teñen que poñer un sinal de tráfico co número de licenza, polo que os galeguistas propoñen que se “homologuen os sinais dos vaos cunha placa propia e específica do Concello de Santiago"

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, vén de propoñer unha regulación máis elaborada na ordenanza de vaos. Desde Compromiso sinalan que na actualidade son os propietarios os que teñen que poñer un sinal de tráfico co número de licenza, polo que os galeguistas propoñen que se “homologuen os sinais dos vaos cunha placa propia e específica do Concello de Santiago, co fin de evitar as falsificacións de licenzas e poder aplicar outros tipos de vaos, como os laborais ou os diurnos de forma máis efectiva”. 

Desde Compromiso entenden que sería "unha medida que clarificaría moito as características reais de cada vao en canto a metros e uso", podendo, nalgún caso, gañar prazas de estacionamento nocturno ou de días festivos para a veciñanza e, ao mesmo tempo, un aforro para aquelas actividades que están a pagar un vao permanente sen precisalo.

“As placas especificarían o tipo de vao, o número de licenza e os metros que ocupa ademáis de evitar a picaresca actual” afirma Xoán Bascuas.

Comentarios