Os populares preguntan sobre o diñeiro depositado nas máquinas da ORA

Os populares preguntan sobre o diñeiro depositado nas máquinas da ORA

Para os populares, o novo sistema de xestión da ORA e do guindastre ideado polo Goberno de Martiño Noriega "non está a supoñer mellora ningunha en relación ao modelo anterior"

Os populares esperan que o Goberno de Martiño Noriega "clarifique cal foi o destino dos cartos que os veciños de Santiago tiñan depositado nas máquinas da Ora". O grupo que dirixe Agustín Hernández presentou, hai máis de tres meses unha pregunta por escrito, que Compostela Aberta "aínda parece ter problemas para contestala, xa que nada se sabe da resposta", aseguran.

Para os populares, o novo sistema de xestión da ORA e do guindastre ideado polo Goberno de Martiño Noriega "non está a supoñer mellora ningunha en relación ao modelo anterior", pero a maiores rexistra unhas "incógnitas que non estaría de máis ter resoltas".

Por isto, os de Agustín Hernández queren coñecer cal é número de veciños que, despois da desactivación do sistema E-PARK, conservan diñeiro na tarxeta-moedeiro sen que poidan empregalo para pagar o servizo neste Concello e a canto ascende a cantidade total depositada e que non poder ser utilizada con este fin.

Coas súas preguntas, os populares buscan saber tamén "cando ten pensado o executivo de Compostela Aberta devolverlle estas cantidades ás persoas afectadas ou ten pensado articular algunha medida de forma inmediata que permita empregar ese diñeiro para aboar este servizo de regulación de aparcamento no ámbito municipal".

"A asunción da xestión directa dos servizos da ordenanza de regulación do aparcadoiro (ORA) e do guindastre" asegura o Partido Popular de Santiago. Según a formación azúl un deles é o derivado do cambio na aplicación E-PARK, que permitía o pagamento dos tiquets da ORA desde o móbil, substituída por un novo sistema que invalida o anterior.

Como consecuencia desta situación, existen cidadáns que ingresaron distintas cantidades na anterior aplicación –que funcionaba a xeito de tarxeta-moedeiro- e que na actualidade non poden empregar ese diñeiro para pagar polo servizo no Concello de Santiago.

Comentarios
Lo más