Case un milleiro de persoas desfrutaron de 200 quilos de castañas

Case un milleiro de persoas desfrutaron de 200 quilos de castañas
Case un milleiro de persoas desfrutaron de 200 quilos de castañas

A afluencia foi tal que, nos momentos de maior asistencia, todos os aparcadoiros habilitados da contorna quedaron cubertos e mesmo houbo que aparcar a case un quilómetro da carballeira

O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, celebrou na tarde/noite do venres o seu tradicional magosto e chocolatada, que comezou ás sete da tarde e se extendeu ata ben entrada a noite. 

Durante ese tempo, preto dun milleiro de veciños e veciñas foron pasando pola carpa instalada na carballeira de Santa Minia.

A afluencia foi tal que, nos momentos de maior asistencia, todos os aparcadoiros habilitados da contorna quedaron cubertos e mesmo houbo que aparcar a case un quilómetro da carballeira. 

O tempo acompañou e durante a festa se degustaron uns 200 quilos de castañas asadas, 150 litros de chocolate quente e varios milleiros de churros. 

Un ano máis, a música correu a cargo da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión, que interpretaron varias pezas de música tradicional do seu amplo repertorio en distintos puntos da carballeira.

Comentarios
Lo más