Gran fin de semana de patinaxe en Ordes

Gran fin de semana de patinaxe en Ordes
Gran fin de semana de patinaxe en Ordes

300 patinadores e patinadoras e centenares de persoas desfrutaron dunha semana repleta de competicións e exhibicións

Durante a fin de semana pasada, 300 patinadores e patinadoras, procedentes das provincias de A Coruña, Ourense e Lugo, déronse cita no pavillón Castelao para participar no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artísitica. A competición estivo marcada polo carácter solidario coa recollida de alimentos e produtos de hixene a favor de Cáritas Ordes.

O Club Galia, organizador desta cita xunto co Concello de Ordes, amosou a súa satisfacción pola grande acollida que tivo a competición, á que acudiron centenares de persoas ao longo do sábado e o domingo. Moitas e moitos deles, ademais, tiveron a ocasión de ver en vivo as exhibicións de Unai Cereijo, campión de Europa e de España alevín; Luca Yáñez, campión de España infantil; e Paula Rey, terceira no Campionato de Europa na categoría alevín.

A alcaldesa en funcións, Ana Soneira, agradeceu a colaboración brindada polas máis de 30 firmas comerciais, empresas e establecementos da zona para poder levar a cabo este evento, no que tamén participan a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Deporte Galego. Ademais, foi a encargada de entregar as medallas e os trofeos.

Comentarios
Lo más