O Servizo de Endocrinoloxía da Xerencia de Santiago intégrase ao estudo do "Diabetes Day"

O Servizo de Endocrinoloxía da Xerencia de Santiago intégrase ao estudo do "Diabetes Day"

O estudio realízase de forma simultánea en todos os centros participantes (23 hospitais españois) mediante a colaboración dos membros do Grupo de Traballo de Diabete Mellitus da Sociedad Española de Endocrinoloxía e Nutrición


O Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago incorpórase ao estudo nacional de Diabetes Day. Trátase dun proxecto nacional cuxo obxectivo é coñecer a situación dos pacientes con Diabete Mellitus tipo 2 durante o ingreso e alta en hospitais españois.

Con este proxecto non só se coñecerá o perfil dos pacientes con diabete durante o ingreso e cando recibe a alta, tamén a súa relación co control metabólico e as comorbilidades asociadas.

Para elo realizarase un estudo transversal, descritivo e multicéntrico onde participan 23 centros de toda España e conta coa aprobación por parte do comité de ética asistencial. A poboación que se somete a estudio está conformada por pacientes con Diabete Mellitus tipo 2 que reciben a alta hospitalaria a última semana de novembro. 

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago aporta a análise de 20 pacientes con Diabete Mellitus tipo 2, todos maiores de idade e previo consentemento informado, garantindo o anonimato dos participantes.

O obxectivo principal definido no estudo é avaliar o tratamento hipoglucemiante no momento de recibir a alta hospitalaria en pacientes con Diabetes Mellitus tipo 2 hospitalizados, en función do control metabólico e tratamentos previos. Os resultados ou conclusións do estudo, comunicaranse previamente en publicacións científicas antes de ser divulgados ao público non sanitario.

Comentarios
Lo más