Atopan o corpo sen vida dun home en Curtis

Atopan o corpo sen vida dun home en Curtis

Polo momento, descoñécense as causas do pasamento

Un home falecido foi atopado onte nun prado situado moi preto do Polígono de Teixeiro. Así o indicaron os membros do GES de Curtis cando chamaron ao 112 Galicia, pasadas as 18:00 horas da tarde pasada, para informar da súa saída cara o lugar.

Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario e dos axentes da Garda Civil, que xa tiñan constancia do suceso.

Comentarios
Lo más