Feridos dous octaxenarios despois de incendiarse a súa vivenda en Vigo

Feridos dous octaxenarios despois de incendiarse a súa vivenda en Vigo

Os xestores do 112 puxeron en alerta aos Bombeiros da cidade e aos servizos sanitarios de urxencia, por si fose precisa a súa intervención

Dúas persoas foron trasladadas en Vigo despois de producirse un incendio na súa vivenda, situada na Rúa de Montecelo, en Teis.

Ao fío das 04:00 horas desta madrugada unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para indicar que o seu veciño pedía axuda, ardíalle a casa.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron en alerta aos Bombeiros da cidade e aos servizos sanitarios de urxencia, por si fose precisa a súa intervención. Do mesmo xeito, informouse aos axentes da Policía Nacional e Local.

Finalmente, unha vez extinguido o lume, os Bombeiros ademais de indicar que un cuarto resultara completamente calcinado, dúas persoas tiveran que ser trasladadas polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más