Arde unha caldeira de pellets en Piñor

Arde unha caldeira de pellets en Piñor

Aínda que o alertante aseguraba que non había persoas afectadas, por precaución, tamén se puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias

En Piñor(Ourense), no lugar do Reino, un incendio nunha granxa alertou aos servizos de emerxencia. Pasados dez minutos da 01:30 horas, un particular poñía en alerta ao 112 Galicia. Indicaba que ardía a caldeira nunha granxa de porcino. 

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Carballiño, á Garda civil e aos efectivos de Protección Civil de Piñor. 

Aínda que o alertante aseguraba que non había persoas afectadas, por precaución, tamén se puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias. 

Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron da situación ao persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Unha vez no punto e extinguidas as lapas, os Bombeiros confirmaron que ardeu unicamente unha caldeira de pellets, quedando afectada toda a zona do mecanismo da caldeira.

Comentarios
Lo más