O TSXG ratifica unha pena imposta a un traficante que intentou apuñalar a un cliente por 10 céntimos

O TSXG ratifica unha pena imposta a un traficante que intentou apuñalar a un cliente por 10 céntimos

A pena de sete anos de cárcere fora imposta pola Audiencia Provincial de Pontevedra

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a pena de sete anos de prisión a un traficante que intentou apuñalar a un consumidor porque lle pagou dez céntimos menos do que acordaran. A vítima conseguiu evitar que o acusado lle cravase a arma pero resultou ferida durante o forcexeo.

O alto tribunal galego ratifica a condena de cárcere que lle fora imposta pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. Os maxistrados desestimaron o recurso de apelación presentado pola defensa xa que consideran que a sentenza de primeira instancia está fundada con suficiente proba de cargo. Consideran que o acusado ofreceu versións contradictorias e incompatibles coas lesións da vítima. Por outra parte, non dan créditoa que as sustancias estupefacientes foran para consumo propio.

Comentarios