A Mesa lanza un catálogo con propostas de compras e agasallos de Nagal en galego

A Mesa lanza un catálogo con propostas de compras e agasallos de Nagal en galego


Xa está dispoñible na web da entidade, que quere recoñecer así as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico


A Mesa pola Normalización da Lingüística acaba de lanzar, a través da súa páxina web, un catálogo cun cento de propostas de compras e agasallos de Nadal en galego, coa vontade de recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico e recorda que "facendo presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía".

O catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Abertos ao Galego acompaña e apoia aquelas entidades que apostan dun xeito consciente pola lingua propia amosándolle á cidadanía os seus esforzos e animando os consumidores e consumidoras a apoialas, escollendo os seus produtos ou servizos.

"Todas as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións", recorda o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "non ten as mesmas repercusións económicas, laborais ou ecolóxicas comprar un iogur fabricado en Francia que en Galiza, do mesmo xeito que non é o mesmo ter contratada unha empresa de telefonía que emprega persoas que poden atender a clientela en galego ou unha que non dá o seu servizo na nosa lingua". 


Comentarios
Lo más