Os socialistas denuncian a situación de Incolsa

Os socialistas denuncian a situación de Incolsa

Paco Reyes quixo poñer enriba da mesa unha reflexión: "os informes o que din é que Incolsa non está a cumprir os obxectivos que ten como empresa pública"

"En Santiago o turismo tira só, pero non estamos vendo políticas para mellorar as súas patoloxías nin para dar respostas cando se encenden algunhas luces amarelas". Así se manifestou o voceiro socialista, Paco Reyes, que compareceu esta onte en rolda de prensa para valorar as contas recentemente aprobadas sen o voto do PSOE (que non asistiu ao consello) de Incolsa e poñer en cuestión a falla de iniciativa de Compostela Aberta con este sector.

Por outra banda, Reyes quixo facer referencia á Banda Municipal de Música, que onte celebrou un gran concerto con representación das 22 bandas profesionais que hai en España, e na mesma liña que se manifestou o afamado director Luis Cobos, lembrou os importantes problemas que ten dita Banda, sobre todo de persoal -e dun xeito especial, o fagot, e a piques de rematar o contrato oboe, trompa e percusión-. 

O edil, que subliñou que a Banda Municipal de Música de Santiago é a máis antiga de Galicia -precisamente estes actos eran para conmemorar o seu 170 aniversario-, asegurou que se houbera preocupación e "sentimento polas tradicións culturais da cidade", xa se estaría traballando nun plan para conseguir que a formación musical se convertira en Banda Sinfónica de Galicia.

O voceiro socialista, Paco Reyes, ofrecía esta onte unha rolda de prensa para valorar as contas e a memoria de Incolsa, destacando, en primeiro lugar, que mentres que o importa da cifra de negocio incrementouse un 0,9%, os gastos de explotación fixérono un 10%. Así mesmo, citou outros datos que lle sorprenderon, como que o gasto financieiro sufriu unha suba do 76%, e nos obxectivos de Incolsa baixou un 13% o marketing Europa e un 3% o capítulo de promoción e comunicación -mentres que os gastos se incrementaron un 10%-. A este respecto, o concelleiro pediu explicacións ao goberno local.

En canto á memoria, Reyes asegurou que se trata dun "corta e pega" da do ano anterior. "Trátase dunha memoria tipo para xustificar e pasar", dixo o voceiro, que citou que, por exemplo, na páxina 18 fala (igual que na anterior) de creación de produtos turísticos novos, pero non especifica ningún, ou no relativo ao merchandising, tampouco indica nin previsións nin obxectivos.

Por todo iso, Paco Reyes quixo poñer enriba da mesa unha reflexión: "os informes o que din é que Incolsa non está a cumprir os obxectivos que ten como empresa pública" e, nomeadamente, destacou que casi o 80% dos ingresos que ten son de subvencións doutras administracións.

Nesta liña, acusou a CA de non ter cumprido o seu programa electoral, no que se comprometían a "dar unha volta a Incolsa" e aínda non teñen feito "absolutamente nada". Pero e que, ademais, non só é inacción con Incolsa, senón que tampouco, como destacou Reyes, o goberno municipal ten presentado a avaliación do anterior Plan de Turismo nin "sabemos nada de como está a funcionar o actual". "Viñeron, fixeron a foto e nada máis", dixo o voceiro socialista.

De feito, fixo referencia aos datos do INE relativos ao mes de outubro, que constatan que, malia que "en santiago o turismo funciona so", o certo é que hai datos que "fan encender algunhas luces amarelas". Como exemplos, mencionou o número de viaxeiros, que ten baixado tanto nos nacionais como estranxeiros -neste último, un 33%, sendo a cidade histórico-monumental con peores cifras-, ou a redución en pernoctacións -baixada dun 27% en estranxeiros- ou o grao de ocupación -menos 13% o 7% no caso das prazas de fin de semana-. Para Reyes, son exemplos que evidencias que CA non está a facer nada cun sector estratéxico para a cidade. 

Comentarios
Lo más