Os "minichefs" cociñan desde hoxe en Afundación dentro da súa oferta de programación infantil

Os "minichefs" cociñan desde hoxe en Afundación dentro da súa oferta de programación infantil

Están dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos e serán impartidos por Vanessa Sende Cardoso desde hoxe e ata o mes de xaneiro

Afundación, a Obra Social de ABANCA presenta desde hoxe na súa sede de Santiago de Compostela unha nova proposta de cursos de cociña infantil incluída no seu programa Minichefs

A programación ten como obxectivo achegar aos máis novos ao mundo da cociña mediante un método didáctico e ameno.

Están dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos e serán impartidos por Vanessa Sende Cardoso desde hoxe e ata o mes de xaneiro.

OS CURSOS

A programación que se iniciou no mes de outubro e ofrece a posibilidade de acudir en dous turnos, pola mañá ou pola tarde, continuará mañá co taller gastronómico Aos minichefs gústalles o chocolate para aprender a preparar receitas doces co chocolate como ingrediente principal. Celebraranse tres edicións deste curso, desde mañá e ata o sábado 8 de decembro.

Tamén no mes de decembro, os días 22 e 29, impartirase o curso Arte na cociña dos minichefs en dúas quendas, pola mañá e pola tarde. Arte e gastronomía únense neste taller no que os nenos e nenas cociñarán mentres coñecen aos grandes protagonistas da pintura. As prazas están esgotadas.

Os minichefs prepáranse para a chegada dos Reis é o último curso da programación. Impartirase o 5 de xaneiro, en quendas de mañá e de tarde, e nel os participantes prepararán doces para os que os Reis Meigos repoñan forzas e continúen coa tarefa de repartir os agasallos. 

Comentarios
Lo más