Xoves de nubes e claros na cidade

Xoves de nubes e claros na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 13ºC

O xoves Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos do suroeste que achegarán humidade ao litoral de Pontevedra e sur de Coruña. 

Con esta situación, amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas e co avance do día os ceos irán quedando pouco anubrados ou despexados, agás na franxa atlántica onde as nubes persistirán durante toda a xornada, mesmo con algún orballo. 

As temperaturas mínimas non terán cambios, e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima chegará aos 13ºC.

O vento soprará frouxo do suroeste en xeral, con intervalos moderados no litoral norte.

Comentarios
Lo más