A Plataforma de Casalonga presenta unha ofensiva para cambiar a lexislación para impedir a instalación dun macrovertedoiro na Casalonga

A Plataforma de Casalonga presenta unha ofensiva para cambiar a lexislación para impedir a instalación dun macrovertedoiro na Casalonga

O 5 de decembro, presentouse no rexistro do Concello de Teo, un escrito dirixido ao alcalde con copia a todos os grupos políticos municipais, instando á modificación do PXOM para impedir a instalación do vertedoiro

O 4 de decembro a plataforma presentou no rexistro do Parlamento un escrito dirixido a cada un dos grupos políticos parlamentarios instando á protección do solo rústico, das canteiras en desuso e unhas distancias mínimas ás casas.

Un día despois, o 5 de decembro, presentou no rexistro do Concello de Teo, un escrito dirixido ao alcalde con copia a todos os grupos políticos municipais, instando á modificación do PXOM para que se protexa o monte da Casalonga.

Ese mesmo día presentou outro escrito para o Ministerio de Transición Ecolóxica no que se insta ao goberno a cambiar a normativa estatal, concretamente os reais decretos 975/2009 e 105/2008 que obrigan a restaurar as canteiras en desuso con calquera tipo de materiais, chamándolle “materiais valorizados” só polo feito de enterralos.

As empresas que xestionan residuos aproveitan estes resquicios legais para instalar vertedoiros altamente contaminantes en lugares totalmente inapropiados como aqueles cercanos ás casas, densamente poboados e cun gran patrimonio histórico e cultural como é o caso do entorno da Casalonga, no concello de Teo.

Comentarios
Lo más