Actividades para todos os públicos no Nadal de Ribeira

Actividades para todos os públicos no Nadal de Ribeira

A extensa programación foi presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Herminia Pouso

Medio cento de actividades organizadas pola Concellería de Cultura en colaboración con outros departamentos municipais e con asociacións e entidades do tecido local van servir para conmemorar o Nadal de Ribeira.

A extensa programación foi presentada esta mañá pola concelleira de Cultura, Herminia Pouso, cun cartel ilustrado pola nena Iria Paz Vila, de dez anos, gañadora do concurso de pintura escolar infantil de Nadal.

OBRADOIRO DE COCIÑA

A edil recordou que algunhas xa foron anunciadas ao abrirse con antelación o período de inscrición, tales como os campamentos de conciliación de Nadal, o obradoiro de arte floral ou os concursos de escaparatismo e decoración hostaleira. Ademais, mañá mércores abrirá o prazo para anotarse noutros dous obradoiros de cociña de Nadal, cun total de 50 prazas

Un dos epicentros navideños vai estar situado no Espazo Municipal de Usos Múltiples da rúa Galicia, que acollerá o “Enreda do Nadal” para que os nenos e nenas poidan participar gratuitamente en obradoiros e xogos populares ou recibir a visita do apalpador e do carteiro real. Ademais, na instalación haberá un espazo acotado para nenos de 3 a 7 anos onde os pais poderán deixar aos seus fillos a unha hora e media mentres fan as comras no comercio local.

Tamén hai que salientar como foco de atención o Auditorio, que acollerá diversos festivais e outros espectáculos promovidos por colectivos como Cáritas, Barbantia, Amas de Casa, Tahume, Alfaia ou Bailadela. O Auditorio tamén albergará cine navideño, danza, unha audición do conservatorio, teatro infantil ou contadas musicais, entre outras atractivas propostas para veciños de todas as idades. Por outra banda, as corais municipal e mercantil ofrecerán un concerto de confraternidade na igrexa de Santa Uxía.

A praza de Porta do Sol albergará un mercadiño solidario, mentres que o pavillón do CEIP O Grupo de Ribeira acollerá o planetario Mundo Estrelado, que recala na nosa cidade por terceiro ano.

TREN PARA MAIORES DE 65 ANOS

Por primeira vez, o tren Expreso de Oriente terá ademais dun horario infantil outro para persoas de máis de 65 anos que viñan reclamando utilizar este vehículo festivo. Tamén nos maiores haberá bailes nalgunhas parroquias. E ás parroquias chegará tamén o Nadal Pelegrín con inchables, a visita do carteiro real, obradoiros de globoflexia, maquillaxe e adornos de Nadal e un espectáculo sorpresa.

Herminia Pouso anunciou tamén a celebración de concertos ao aire libre con participación da charanga O Santiaguiño, Os Litrisistas, Aliaxe e Blow. E non faltarán acontecementos tan arraigados como a festa de Noitevella (con sesións DJs no parque García Bayón, na praza de Teruel de Bandourrío e na carpa do Malecón) e a tradicional Cabalgata, de cuxas novidades se falará proximamente.

Comentarios
Lo más