Ames conmemora o 40 aniversario da Constitución

Ames conmemora o 40 aniversario da Constitución

O acto central do programa terá lugar hoxe xoves, 6 de decembro, na Casa do Concello de Bertamiráns, onde se lles fará entrega das medallas aos alcaldes de Ames dende 1978

Concello de Ames conmemora os corenta anos da Constitución vixente cun programa específico para a ocasión. A programación comezou este martes, 4 de decembro, cunha mesa redonda moderada pola xornalista Aida Pena, na que participaron os profesores da USC: José Julio Fernández e Antón Losada. O acto central do programa terá lugar hoxe xoves, 6 de decembro, na Casa do Concello de Bertamiráns, onde se lles fará entrega das medallas aos alcaldes de Ames dende 1978.

A programación deseñada polo Concello de Ames para conmemorar os corenta anos da actual Constitución culmina este xoves 6 de decembro, Día da Constitución, cunha xornada de portas abertas na Casa do Concello de Bertamiráns. A partir das 10:30 horas, tanto representantes do tecido económico e social do concello como os cidadáns que así o desexen, realizarán unha lectura dos artigos da Carta Magna española.

O acto será conducido pola xornalista, Nazaret López, á que acompañará a música en directo do violinista e profesor Marcos Valcárcel. Durante a mañá, o actual alcalde de Ames, José Miñones, tamén fará a entrega de medallas aos alcaldes que gobernaron durante o período de vixencia da actual Constitución, Carlos Fernández e a Santiago Amor, posto que Xosé Astray non poderá asistir por motivos persoais.

Durante a mañá do xoves tamén se poderá visitar o salón de Plenos da Casa do Concello e asinar no libro da Cidadanía, co obxectivo de que os veciños e veciñas, que así o desexen, deixen a súa pegada na historia dos 40 anos de convivencia.

Comentarios
Lo más