Ferido un ciclista tras sufrir unha caída en Cambados

Ferido un ciclista tras sufrir unha caída en Cambados
Ferido un ciclista tras sufrir unha caída en Cambados

Como consecuencia do golpe, o home sufriu importantes lesións nunha perna, posiblemente fracturada

Unha caída provocou lesións graves a un ciclista que circulaba polo lugar de Laxes, en Cambados.

O suceso rexistrouse no 112 Galicia pouco antes das dez desta mañá tras recibir a chamada dun particular que pedía asistencia médica urxente para o ciclista ao que se lle cruzou un can e caeu ao chan. Como consecuencia do golpe, o home sufriu importantes lesións nunha perna, posiblemente fracturada.

Desde o 112, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que evacuaron ao ferido ao Hospital do Salnés, e aos axentes da Policía Local para determinar as causas do accidente

Comentarios
Lo más