Cae un vehículo por un terraplén na Pobra do Brollón

Cae un vehículo por un terraplén na Pobra do Brollón

O accidente produciuse ás 11:30 horas de hoxe no lugar de Barxas de Lor

Un vehiculo saíuse da vía e caeu por un terraplén cando circulaba pola N-120, na Pobra do Brollón. Afortunadamente, a condutora puido saír do coche polos seus propios medios e, aínda que recibiu asistencia médica, o seu estado non reviste gravidade.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 11:30 horas de hoxe no lugar de Barxas de Lor e alí acudiron os Bombeiros de Monforte, que descartaron intervir debido en canto comprobaron que a condutora estaba fóra do vehículo.

Comentarios