Reclaman melloras na iluminación da contorna da Escola Municipal de Música

Reclaman melloras na iluminación da contorna da Escola Municipal de Música

Goretti Sanmartín Rei trasladará un rogo ao vindeiro Pleno para reclamar melloras na iluminación na contorna destas instalacións municipais

O grupo municipal do BNG recibiu queixas de persoas usuarias da Escola Municipal de Música pola escuridade da zona de acceso e do aparcadoiro destas instalacións, un feito que dificulta o tránsito nos horarios de tarde durante o inverno.

Deste xeito, a portavoz municipal Goretti Sanmartín Rei trasladará un rogo ao vindeiro Pleno para reclamar melloras na iluminación na contorna destas instalacións municipais co obxectivo de facilitar o paso de alumnado, nais, pais e profesorado da Escola de Música.

Para o BNG, é necesario que as inmediacións deste centro público teñan os accesos en boas condicións para facilitar a entrada e saída de nenos e nenas que asisten ás aulas e na actualidade teñen que atravesar en total escuridade as zonas de paso ao non dispoñeren de iluminación.

Comentarios