Peleteiro recolle máis de 3.800 quilos de alimentos

Peleteiro recolle máis de 3.800 quilos de alimentos

Na semana do 19 ao 23 de novembro os alumnos do colexio e as súas familias reuniron 3.846 quilos superando amplamente o reto inicia

A Asociación de Pais de Alumnos (APAP) do Colexio M. Peleteiro – Dolores Ramos levou a cabo a campaña de Nadal a beneficio de Cáritas co obxecto de acadar 2.000 quilos de alimentos, produtos de limpeza, produtos de bebes, destinados a aliviar as necesidades das persoas desfavorecidas.

Na semana do 19 ao 23 de novembro os alumnos do colexio e as súas familias reuniron 3.846 quilos superando amplamente o reto inicial.

A APAP do Colexio Manuel Peleteiro – Dolores Ramos destaca emocionada o compromiso dos alumnos, que de xeito exemplar desenvolveron xenerosamente o traballo de selección, empaquetado, pesado, e almacenamento da totalidade dos produtos. O venres 30 de novembro foron entregados a Cáritas nun acto ao que acudiron representantes de Cáritas, alumnos, profesores, a dirección do centro e representantes da APAP.

Dende a APAP destácase a traxectoria exemplar das familias e dos alumnos en cada chamamento á solidariedade que se ven facendo ano tras ano, así como o compromiso da comunidade educativa e da dirección do centro.

Pola súa banda, a delegación de Cáritas en Santiago de Compostela quere facerlle chegar a todos os composteláns que acepta doazóns todo o ano polo que, se alguén está interesado en doar, pode poñerse en contacto coa súa sede en Santiago, situada no número 2 da Rúa Hospitalillo.

Comentarios
Lo más