CxG pide canto antes o funcionamento do parque comarcal de bombeiros

CxG pide canto antes o funcionamento do parque comarcal de bombeiros

Os galeguistas reclaman avances na posta en funcionamento do Parque Comarcal de Bombeiros

O candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, Xoán Bascuas, vén de interesarse polo estado da comarcalización do parque de bombeiros e esixe a súa posta en funcionamento.

Os galeguistas reclaman avances na posta en funcionamento do Parque Comarcal de Bombeiros, acordado polos concellos da bisbarra e que dende fai case un ano non se coñecen avances no proceso.

A isto súmaselle a evidente falta de efectivos, así como a necesidade de construír un novo parque de bombeiros, ben rematando o esqueleto empezado ou ben facendo outro noutro emprazamento máis axeitado. “Temos que agradecer que non se produzan varios sinistros simultáneos na cidade porque a día de hoxe, en moitas ocasións, cos medios que temos habería serios problemas para atendelos”.


Comentarios