O Clube de Lectura do Ateneo comeza a análise da obra "Trece badaladas", de Suso de Toro

O Clube de Lectura do Ateneo comeza a análise da obra "Trece badaladas", de Suso de Toro

Os membros do grupo poden coñecer, redescubrir e debater diferentes títulos da Literatura galega e universal

O Clube de Lectura do Ateneo de Santiago continúa coa súa andadura por cuarto ano consecutivo no seu horario habitual dos martes. Así, no día de onte os seus participantes comezaron coa análise da obra “Trece badaladas” de Suso de Toro, a cal se atopa enmarcada no bloque “Libros de cine” do programa deste 2018-2019 consensuado entre a coordinadora e os asistentes ao inicio do curso no pasado mes de outubro.

Ademais da afamada novela do escritor compostelán, a cal se examinará durante as dúas sesións deste mes de decembro, o primeiro bloque de lecturas tamén incluíu “La librería” e “Sentido y sensibilidad”, completándose nos vindeiros meses con “Los santos inocentes” e “El honor perdido de Katharina Blum”.

O segundo bloque en que se divide o programa, que dará comezo no mes de febreiro, centrarase na literatura escrita por mulleres, tanto galegas como é o caso de Begoña Caamaño ou Inma López Silva como do resto do mundo como a española Sara Mesa, a cubano-italiana Alba de Céspedes, a surcoreana Han Kang, a guineana Trifonia Melibea Obono ou a xaponesa Hiromi Kawakami.

Deste xeito, os membros do grupo poden coñecer, redescubrir e debater diferentes títulos da Literatura galega e universal, dende diversos puntos de vista, achegando ese elemento diferenciado de compartir as impresións dun libro con outros lectores.

Comentarios
Lo más