A Deputación comprométese a rematar a rede municial de sendas peonís de Oroso

A Deputación comprométese a rematar a rede municial de sendas peonís de Oroso

A Deputación da Coruña comprometeuse a impulsar o proxecto para que este licitado a curto prazo

O Concello de Oroso obtivo o mércores o compromiso da Deputación da Coruña para dar un novo impulso e completar a rede municipal de sendas peonís.

O socialista José Manuel Pequeño, responsable do departamento de Vías e Obras da Deputación da Coruña, realizou o mércores unha visita a Oroso. Xunto o alcalde, Manuel Mirás, e os concelleiros Antonio Leira e Eduardo Veiras, inspeccionou as obras da senda peonil de Falmega, que unirá Sigüeiro con Barral (Villaromarís).

“Os traballos están pendentes de que rematen as choivas para entrar na última fase, é unha senda de case seis quilómetros que contou cun orzamento que ronda os 100.000 euros”, asegurou Mirás, que lembra que “esta infraestrutura era unha demanda veciñal que desde o concello trasladamos ao organismo provincial; non foi atendida cando o Partido Popular gobernaba na Deputación, pero agora saiu adiante cun goberno socialista”.

Despois, visitaron a parroquia de Marzoa para falar dun novo proxecto de senda peonil na estrada provincial 3802. Será a continuación dunha senda que vén do concello de Frades e conectará o lugar de O Castro co local social de Marzoa (marxe dereita), para continuar deapois pola marxe esquerda ata O Carballal.

A Deputación da Coruña comprometeuse a impulsar o proxecto para que este licitado a curto prazo. Para o Concello de Oroso, é unha prioridade mellorar as comunicacións entre o centro urbano e as parroquias do municipio. “É ademáis un compromiso electoral que cumprimos para mellorar a vida dos veciños e a seguridade viaria”, afirma o alcalde.

“Xa estamos entre os municipios galegos con máis quilómetros de sendas peonís construídos, un obxectivo importante para humanizar o Concello de Oroso”, engade Manuel Mirás.

Comentarios