A Aula da Natureza realiza este sábado, 8 de decembro, a súa terceira saída micolóxica do outono

A Aula da Natureza realiza este sábado, 8 de decembro, a súa terceira saída micolóxica do outono

A saída para recoller cogomelos farase no porto da Gañidoira, no concello de Muras

A Aula da Natureza de Ames organiza para este sábado, 8 de decembro, a terceira e última saída micolóxica das tres programadas para este outono. As persoas que se inscriban deberán estar ás 10:00 horas diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10:15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. 

A saída para recoller cogomelos farase no porto da Gañidoira, no concello de Muras. Con esta saída finalizan as actividades de achegamento ao mundo dos cogomelos. É necesario inscribirse antes das 14.00 horas deste venres.

Seguindo co ciclo micolóxico, organizado para este outono pola Aula da Natureza de Ames, este sábado realizarase a terceira e última saída micolóxica da tempada. Neste caso farase unha saída polo porto da Gañidoira, no concello de Muras. 

As persoas que se inscriban deberán estar ás 10:00 horas diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, e as 10:15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.

Comentarios