Ribeira abre este sábado o mercado municipal e o mercadillo semanal

Ribeira abre este sábado o mercado municipal e o mercadillo semanal

A decisión tomada polo Goberno municipal de permitir abrir ambos mercados responde a que tamén o teñen previsto facer os negocios da cidade

O Concello de Ribeira informa de que para satisfacer a demanda do empresariado local este sábado 8 de decembro, día da Inmaculada Concepción, abrirá tanto o mercado municipal como o mercadillo semanal.

A decisión tomada polo Goberno municipal de permitir abrir ambos mercados responde a que tamén o teñen previsto facer os negocios da cidade, co que se contribúe así a dinamizar o comercio de proximidade na devandita xornada.

Comentarios