Licitadas dúas actuacións para a mellora dos servizos en dous núcleos de Palmeira

Licitadas dúas actuacións para a mellora dos servizos en dous núcleos de Palmeira

En ambos casos o prazo para a presentación de ofertas remata o 20 de decembro

O Concello de Ribeira vén de licitar dúas actuacións destinadas a mellorar os servizos en dous núcleos pertencentes á parroquia de Palmeira: A Carballa e O Carballal. Entre ambos o investimento ascende a un total de 137.919 euros, financiados co remanente municipal.

Unha delas consiste na instalación dunha rede de saneamento e abastecemento na Carballa nun tramo que carece de ambos servizos. Neste senso, para o saneamento instalarase unha tubaxe de PVC compacta de 385 metros de longo e 16 pozos de rexistro e, para o abastecemento, 411 metros de tubaxe de polietileno de alta densidade e 5 válvulas de comporta, 2 ventosas e 2 válvulas de vaciado. Os camiños afectados serán asfaltados cunha mestura bituminosa en quente.

O orzamento é de 82.025 euros e o prazo de execución ascende a catro meses e medio.

Polo que respecta ao Carballal, instalarase unha rede de bombeo con pozo de saneamento nunha área de actuación que non conta con este servizo. Así, colocarase unha tubaxe de 310 metros de lonxitude e, no punto máis baixo do trazado, situarase un pozo de rexistro con dous bombas mergulladas e dende alí se impulsarán as augas a través doutra tubaxe de polietileno de 100 metros de longo ata entroncar coa rede xeral. Tamén se crearán 11 pozos de rexistro. O camiño en cuestión será afectado cunha mestura bituminosa en quente.

O orzamento desta obra é de 55.894 euros e o prazo de execución, tres meses.

Comentarios