Envorca un camión ao caer dende un desnivel en Redondela

Envorca un camión ao caer dende un desnivel en Redondela
Envorca un camión ao caer dende un desnivel en Redondela

Os feitos ocorreron no punto quilométrico 145 da N-550

Esta mañá en Redondela tiña lugar unha saída de vía dun camión á altura da parroquia de Quintela. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o vehículo rematou envorcado ao caer por un desnivel. Afortunadamente, o condutor do camión resultou ileso.

A causa do accidente, o vehículo verteu combustible na estrada e foi necesaria a limpeza da vía. Ademais, os dous carrís en sentido Tui foron cortados pola presenza do camión na vía, polo que se habilitou un carril en sentido A Coruña para circulación de vehículos.

Os feitos ocorreron no punto quilométrico 145 da N-550. O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 08:20 horas, a través do aviso de varios particulares.

A partir de aí, o persoal do CIAE-112 puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, de Protección Civil de Redondela, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo e ao servizo de mantemento da estrada.

Comentarios