Un incendio declarado en Porriño derrumba por completo unha vivenda

Un incendio declarado en Porriño derrumba por completo unha vivenda

Varios particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do lume ás 20:00 horas. Indicaban no seu relato que a casa estaba habitada

Un incendio declarado nunha casa situada no lugar da Relva, no termo municipal pontevedrés do Porriño, provocou que a vivenda ardese na súa totalidade. Afortunadamente ningunha persoa resultou ferida.

Varios particulares contactaban co 112 Galicia para dar conta do lume ás 20:00 horas. Indicaban no seu relato que a casa estaba habitada.

Decontado, desde o CIAE-112 requiriron a intervención dos Bombeiros do Porriño, da Garda Civil, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil. Ademais, o persoal do 112 Galicia informou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo.

Unha vez no lugar do incendio, os servizos de emerxencias sufocaron o lume, que deixou a vivenda completamente calcinada. Segundo puido saber o 112 Galicia, as tarefas de extinción remataron ás 23:50 horas.

Comentarios
Lo más