Ferido de gravidade un motorista en Noia despois de chocar contra un turismo

Ferido de gravidade un motorista en Noia despois de chocar contra un turismo
Ferido de gravidade un motorista en Noia despois de chocar contra un turismo

A vítima foi trasladado de urxencia ata o CHUS

Un accidente entre un coche e unha moto deixou a unha persoa ferida de gravidade na rúa Galicia, en Noia. Trátase do condutor da moto que, ao chocar contra o turismo, sufriu unha caída pola que tivo que ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.

Uns minutos antes das 12:00 horas do mediodía, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para solicitar unha ambulancia. 

No seu relato, indicaba que había un ferido inconsciente. O CIAE-112 a continuación, pasou o aviso ao 061 Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil, ao GES de Brión e aos Bombeiros de Boiro.

Comentarios
Lo más