Un operario cae dun tellado en Marín

Un operario cae dun tellado en Marín

Ocorreu ao fío das 14:15 horas

Un home que se atopaba traballando no porto pesqueiro de Marín resultou ferido de gravidade ao precipitarse desde un tellado. Ocorreu ao fío das 14:15 horas, momento en que o CIAE-112 tivo constancia dos feitos a través do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local e Nacional, así como á Autoridade Portuaria, á Garda Civil e Protección Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o operario foi trasladado ao hospital Povisa.

Comentarios