Os socialistas reclaman que se invesigue o contido da denuncia sobre a xestión do goberno local coa UMAD

Os socialistas reclaman que se invesigue o contido da denuncia sobre a xestión do goberno local coa UMAD

Paco Reyes cualificou como "gravísimo" non só o que se apunta no documento -contratacións de persoal e de dous estudos "a dedo" para o centro para os sen teito que supostamente superarían o máximo legal-, senón que se pon de manifesto a posible existencia de listas de espera de centos de persoas

O grupo municipal socialista, a través do seu voceiro, reclama a investigación dos feitos denunciados, segundo se da conta nos medios de comunicación, a través dun escrito sobre diversas presuntas irregularidades do goberno municipal coa UMAD (Unidade de Apoio ao Drogodependente). 

Paco Reyes cualificou como "gravísimo" non só o que se apunta no documento -contratacións de persoal e de dous estudos "a dedo" para o centro para os sen teito que supostamente superarían o máximo legal-, senón que se pon de manifesto a posible existencia de listas de espera de centos de persoas, que poría de manfiesto "unha clara falla de atención a este servizo por parte de Compostela Aberta".

Ademais, para o edil socialista resulta "inadmisible" a resposta que "fontes do goberno local" dan aos medios de comunicación, anunciando a apertura dun expediente informativo para coñecer a identidade da persoa ou persoas que redactaron este escrito de denuncia, "e non para investigar o alcance de ditas denuncias". "Este método de actuar é máis propio doutro tipo de rexímenes", afirmou Reyes.

Por todo isto, o grupo socialista urxe unha investigación ao goberno municipal, en lugar de perseguir á persoa ou persoas que denuncian todos estes feitos. Paco Reyes instou ao alcalde, Martiño Noriega, a "ir tomando decisións", xa que, como destacou, son moitas as "desfeitas" nas que se ten inmerso o grupo de goberno con servizos importantes, como comedores e as becas, os centros socioculturais, a Escola de Música, a axuda a domicilio a dependentes ou agora a UMAD.

E é que para o voceiro socialista, o rexedor é o responsable último, tanto se non é coñecedor -"se non o sabía, é moi grave e entón lle pedimos que atenda á cidadanía e ao funcionamento do concello en lugar de priorizar os problemas de En Marea ou de facerlle oposición a Feijoo dende o Concello- como si o é. De feito, os socialistas entenden que Noriega si sabía o que estaba a acontecer coa UMAD, posto que en moitas comisións de Queixas e Suxestións puxéronse enriba da mesa diversas reclamacións relacionadas con este servizo.

Ademais de reclamar que se investigue o alcance das denuncias realizadas dende a Unidad de Atención ao Drogodependente, Paco Reyes solicitou ao goberno de Compostela Aberta os estudos dos que se fai alusión en dito escrito, así como o expediente de contratación de ditos estudos e do persoal contratado -nomeadamente, dunha persoa sen, presuntamente, levar a cabo o procedemento de selección, e o do director sen acudir a concurso-. 

Comentarios
Lo más