O Nadal xa se respira nas rúas de Ordes

O Nadal xa se respira nas rúas de Ordes

Son poucos os que non deixan de facerse un par de fotos no interior da bola instalada na alemada

Nas rúas de Ordes xa se deixa ver o Nadal. A maxia e a ilusión destas datas empezan a invadir o municipio, e nisto ten moito que ver a nova iluminación que dende hai un par de días xa desfrutan os veciños, veciñas e visitantes. 

De feito son poucos os que non deixan de facerse un par de fotos no interior da bola instalada na mesma alemada e confeccionada con milleiros de leds.

Comentarios