Ribeira adquire unha parcela de 4.000 metros cadrados para ampliar o parque de San Roque

Ribeira adquire unha parcela de 4.000 metros cadrados para ampliar o parque de San Roque

Trátase dunha das fincas máis grandes de cantas están situadas no lindeiro leste do parque

O Concello de Riveira vén de formalizar esta semana en xunta de goberno local a adquisición dunha parcela de 4.151 metros cadrados de superficie coa fin de seguir ampliando o parque periurbano de San Roque.

Trátase dunha das fincas máis grandes de cantas están situadas no lindeiro leste do parque, co cal a súa compra por parte da administración municipal resulta moi acaída no obxectivo de estender a superficie do periurbano de San Roque, que se aproxima xa aos 200.000 metros cadrados.

A este respecto, cómpre destacar que esta área ao aire libre eríxese como un pulmón verde e unha zona temática-cultural de titularidade municipal de primeira orde, con diversas prestacións e servizos (centro de interpretación arqueolóxica, cafetería, miradoiro, anfiteatro, ecoparque, réplicas de vivendas castrexas, etc…) que o Executivo quere seguir potenciando e estreitar a súa conexión coa cidade.

Comentarios