Lousame inicia unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal

Lousame inicia unha campaña de recollida de alimentos polo Nadal

As persoas que desexen colaborar poden entregar alimentos non perecedoiros e correctamente empaquetados na casa consistorial ata o próximo 21 de decembro

O Concello de Lousame pon en marcha unha recollida solidaria de alimentos para as familias necesitadas do municipio. As persoas e entidades interesadas en colaborar nesta campaña municipal poden entregar as súas doazóns na casa consistorial de Lousame ata o próximo 21 de decembro. Os alimentos recollidos serán entregados a Cáritas, que se encargará do seu reparto entre as familias máis necesitadas do municipio.

A campaña busca recoller alimentos básicos como leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas... sempre que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente empaquetados e etiquetados. A maiores, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, tamén se solicitan produtos de Nadal.

Comentarios