Ferida unha muller despois de estoupar unha botella que tiña amoníaco e lixivia en Teo

Ferida unha muller despois de estoupar unha botella que tiña amoníaco e lixivia en Teo

Ao lugar acudiu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller que presentaba diversas queimaduras na cara

Unha muller foi evacuada esta noite a causa das queimaduras provocadas polo estoupido dunha botella que contiña unha mestura de amoníaco e lixivia.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o suceso ocorreu nun domicilio da Travesía de Cacheiras, en Teo, cando estaban a piques de dar as 20:30 horas de onte.

Ao lugar acudiu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender á muller que presentaba diversas queimaduras na cara debido ao estupido dunha botella cun preparado de produtos tóxicos. 

Ademais, como consecuencia da deflagración, os vapores resultantes encheron a habitación, polo que foi necesario desaloxar a vivenda e ventilar. Nestes labores centráronse os voluntarios de Protección Civil de Teo e tamén os membros do GES da Estrada, que se desprazaron ao lugar tras a chamada de alerta do 112 Galicia.

Asi, unha vez ventilada a vivenda, comprobaron mediante os mecanismos de medición que os índices de osíxeno volvían a ser normais.  

Comentarios