Unha muller cae dende unha altura de tres metros ao intentar fuxir dun incendio na súa vivenda

Foto de arquivo
Unha muller cae dende unha altura de tres metros ao intentar fuxir dun incendio na súa vivenda

Ocorreu preto das catro desta tarde nun domicilio situado na parroquia compostelana do Carballal, en Lavacolla

Unha muller caeu dunha altura duns tres metros cando intentaba fuxir dun incendio declarado na cociña da súa vivenda.

Ocorreu preto das catro desta tarde nun domicilio situado na parroquia compostelana do Carballal, en Lavacolla.

Foron os propios ocupantes da vivenda quen contactaron co 112 Galicia para pedir medios para a extinción dun incendio que comezou nunha secadora e acabou por arrasar completamente a cociña. 

No intento por poñerse a salvo do lume, unha muller caeu dunha altura duns tres metros e tivo que ser evacuada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico. 

Xunto a ela, foi trasladada unha menor que tamén resultou afectada a causa do incendio que sufocaron os Bombeiros de Santiago.

Igualmente, hai que destacar que, ademais dos bombeiros da cidade e os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, participaron neste operativo as forzas da orde local e nacional.

Comentarios