Rouban nun chalé dunha urbanización de Lalín

Rouban nun chalé dunha urbanización de Lalín
Foto de arquivo
Rouban nun chalé dunha urbanización de Lalín

Desvalixaron a vivenda e conseguiron xoias, cartos e unha furgoneta que estaba no garaxe coas chaves postas

Nas últimas horas, rexistráronse dous roubos no núcleo urbán de Lalín. Os ladróns desplazáronse nun coche roubado en Zamora e puideron acceder a un chalé da urbanización de Carragoso: desvalixaron a vivenda e conseguiron xoias, cartos e unha furgoneta que estaba no garaxe coas chaves postas. O seguinte foi un asalto frustrado porque non conseguiron entrar nunha tenda de telefonía na rúa Joaquín Loriga.

Na noite do sábado para o domingo, a Garda Civil intentou interceptar en Lalín a un Seat León, vehículo que figura como sustraído o mércores en Zamora, e que se deu á fuga con matrícula dobrada dun Mercedes. Pouco despois, os axentes recibiron un aviso por parte dun veciño dun roubo nun chalé. O veciño veu un coche desconocido o cal era o mesmo Seat León que se dera á fuga. Os ladróns forzaron a porta da entrada, ocasionaron destrozos e leváronse cartos e xoias. Nese momento non se atopaba ninguén na vivenda.

Comentarios
Lo más