O Punto Limpo de Ames tivo 548 achegas no mes de outubro

O Punto Limpo de Ames tivo 548 achegas no mes de outubro
O Punto Limpo de Ames tivo 548 achegas no mes de outubro

Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser

O pasado mes de outubro, o centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames que está situado no polígono do Milladoiro, rexistrou 548 visitas das que destacan fundamentalmente achegas de residuos eléctricos e electrónicos. Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser.

O número de veciños e veciñas que fan uso do Punto Limpo para depositar alí todo tipo de residuos incrementouse nos últimos anos, signo de que a veciñanza é cada vez máis consciente da importancia que ten facer un uso correcto dos residuos que non van os colectores convencionais. 

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegar a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 09:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 536 688.

Para a recollida de voluminosos e enseres a domicilio, a cidadanía que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40. O parque de reciclaxe ou Punto Limpo é un centro de aporte voluntario, equipado de colectores específicos, capacitado para recibir residuos dos particulares censados en Ames que deberán acudir ao centro co DNI ou volante de empadroamento. O servizo é de balde para estes/as veciños/as. O Punto Limpo favorece a separación en orixe, contribuíndo á reciclaxe dos residuos e participando na loita contra os vertidos incontrolados.

Comentarios