O PSOE solicita a reparación das fochancas da rúa Lisboa

O PSOE solicita a reparación das fochancas da rúa Lisboa
O PSOE solicita a reparación das fochancas da rúa Lisboa

Inciden dun xeito especial no tramo comprendido entre a rúa Fontiñas e Área Central

O grupo municipal socialista presentou un rogo o pasado venres 7 de decembro ao pleno da corporación. No rogo incidían na rúa Lisboa, e dun xeito especial o tramo comprendido entre a rúa Fontiñas e Área Central, xa que leva moito tempo evidenciando unha serie de problemas na calzada, con fochancas constantes, que estén sendo “parcheadas” sen que se teña realizado unha reparación en condicións. Afirman que en días pasados constataron a existencia de varios baches, e que o venres pasado únicamente foi reparado o de maior tamaño, dun xeito que non durará moito.

Piden que o goberno municipal leve a cabo unha mellora integral do firme da calzada da rúa Lisboa para arranxar os múltiples e constantes problemas que se producen co firme.

Comentarios