O BNG preguntará pola creación do "cheque cultural" que incluía o programa de Compostela Aberta

O BNG preguntará pola creación do "cheque cultural" que incluía o programa de Compostela Aberta
Foto de arquivo
O BNG preguntará pola creación do "cheque cultural" que incluía o programa de Compostela Aberta

Trátase dunha medida do programa para permitir desgravar o consumo de cultura nos impostos municipais

Goretti Sanmartín, portavoz municipal do BNG, preguntará ao Goberno local sobre a proposta do cheque cultural que levaba Compostela Aberta no programa electoral. En concreto, o programa de Compostela Aberta incluía a creación dun cheque cultural que permitía desgravar nos tributos locais xustificando o consumo de cultura na cidade.

Deste xeito, o BNG preguntará polas xestións que se realizaron para a creación dese cheque cultural desde que Compostela Aberta chegou á Alcaldía.

Outra das preguntas é se ten previsto implementar esta medida nas ordenanzas fiscais.

Comentarios
Lo más