Debaten a cuestión competencial das Comunidades Autónomas desde a perspectiva do Dereito Civil

Debaten a cuestión competencial das Comunidades Autónomas desde a perspectiva do Dereito Civil
Foto de archivo
Debaten a cuestión competencial das Comunidades Autónomas desde a perspectiva do Dereito Civil

Terá lugar hoxe ás 16:30 horas na Facultade de Dereito

Co gallo do 40 aniversario da Constitución, a profesora Marta Otero Crespo organiza hoxe na Facultade de Dereito unha xornada para debater a cuestión competencial Estado-Comunidades Autónomas desde a perspectiva do dereito civil, poñendo o foco en Galicia.

A xornada comezará ás 16:30 horas cunha presentación do catedrático Santiago Álvarez González, a quen lle seguirá o investigador da Universidade de Valencia, Ignacio Durbán, cun relatorio sobre a plurilexislación civil 40 anos despois da aprobación da CE. A competencia en materia de dereito civil en Galicia tras a STC 133/2017 e a (non)regulación do rexime de corresponsabilidade parental en Galicia son os temas que tratarán, respectivamente, María Paz García Rubio e Isabel Espín Alba.

A xornada rematará coa intervención do maxistrado do TSXG en excedencia Luís Villares Naveira, que fará unha aproximación crítica ao exercicio da competencia civil polo poder lexislativo galego.

Comentarios